UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

Novas

UXT condena o brutal atentado de Barcelona e solidarízase coas vítimas

UXT condena o brutal e covarde atentado de Barcelona á vez que expresa a súa consternación e dor e envía a súa solidariedade e afecto ás familias e amigos das vítimas, así como todo o seu apoio e alento a todos os que participan nas tarefas de emerxencia e aos cidadáns e cidadás de Barcelona.

Unha acción tan cruel infrinxida a persoas inocentes, incluídos nenos, e ao corazón dunha cidade traballadora e aberta non fai senón demostrar o absoluto despropósito dos autores. Esta barbarie non ten cabida no mundo xusto e libre que día a día nos esforzamos en construír.

Todos os afiliados e afiliadas de UXT hoxe senten barceloneses e están á beira dos nosos irmáns e irmás de Barcelona para seguir defendendo a democracia e a tolerancia como os mellores antídotos contra a tiranía do odio terrorista.

UXT quere expresar o seu apoio e confianza nas forzas e corpos de seguridade do Estado e na Xustiza. Son momentos de unidade e a fortaleza da democracia é unha cuestión básica para salvagardar a liberdade e os valores que forman parte da nosa convivencia.?

 

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

 CONCELLO VIGO 2

vida 1 

Videos da UGT

 

Facebook