UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

UGT Vigo - vigo

  • #1deMaio en Vigo. Saimos a rúa polo emprego estable e salarios xustos

  • 8 de Marzo, día internacional da muller

    Cartel 8Marzo2017 1

  • 9 marzo, Folga Xeral no Ensino

    Cartel Folga 1

  • A nova executiva da Unión comarcal de UGT Vigo, arranca unha nova etapa no sindicato

  • Afíliate

    Vantaxes e Cuotas

    QUE VANTAXES SUPÓN AFILIARSE A UGT? | INFORMACIÓN E ASESORAMENTO PERMANENTE | OUTROS SERVIZOS |CONTÍA DAS COTAS DE AFILIACIÓN A UGT PARA O ANO 2016 | FICHA DE AFILIACIÓN |
     

    QUE VANTAXES SUPÓN AFILIARSE A UGT?

    As vantaxes de estar afiliado/a a un sindicato organizado e estruturado, como UGT, son numerosas:

    INFORMACIÓN E ASESORAMENTO PERMANENTE

    Gabinetes Xurídicos Especializados (avogados/as laboralistas, etc.)
    Contratación, salarios, vacacións, nóminas, xornadas, convenios colectivos, liquidacións, finiquitos, xubilacións, pensións, Seguridade Social, despedimentos, etc.
    Expedientes de regulación
    Protección por desemprego
    Prevención de riscos laborais
    Formación contínua adaptada aos postos de traballo
    Formación sindical específica aos delegados/as de persoal, membros de comités e delegados/as de Saúde Laboral

    OUTROS SERVIZOS

    Vacacións, viaxes e hoteis 
    Campamentos infantís de verán
    Ocio: residencias, tempo libre
    Establecementos concertados
    Seguro de Accidentes en caso de morte, a partir dun ano de afiliación ininterrumpida a UGT

    CONTÍA DAS COTAS DE AFILIACIÓN A UGT PARA O ANO 2016

    Cota Básica Confederal

    11,10 euros mensuais
    A Cota Ordinaria, cuxos tipos e contía establecen no seu Congreso Federal as Federacións Estatais, deben respectar un mínimo igual á Cota Básica Confederal.
     
     
    Cota Reducida
     
    7,75 euros mensuais
     

    A Cota Reducida aplicarase aos afiliados cuxos ingresos anuais íntegros procedentes de rendas do traballo ou protección por desemprego sexan iguais ou inferiores en cómputo anual a 1,50 veces o Salario Mínimo Interprofesional.
     
    Tamén poderá aplicarse a determinados colectivos e situacións específicas, cando así o prevean os Estatutos Federais.
     
    Cotas Especiais para Xubilados (tipo C)
    5,55 euros mensuais
     

    Aplicarase ás persoas adscritas da Unión de Xubilados e Pensionistas (UJP) cuxos ingresos anuais íntegros sexan superiores a 1,50 veces o Salario Mínimo Interprofesional.
     
    Afiliados pertencentes aos diversos sectores en que se organiza a Unión Estatal de Traballadores por Conta Propia.
      
    Cotas Especiais para UPA e UPTA
    3,90 euros mensuais
     
    Aplicarase aos seus afiliados
     
     
    Cotas Especiais para Xubilados e Parados (tipo D)
    3,30 euros mensuais
     

    Aplicarase ás persoas adscritas da Unión de Xubilados e Pensionistas (UJP) cuxos ingresos anuais íntegros sexan inferiores a 1,50 veces o Salario Mínimo Interprofesional e aos afiliados e afiliadas que se encontren en situación de paro e carezan de ingresos ou prestacións.

     

    FICHA DE AFILIACIÓN

    Afiliate, é moi sinxelo só tes que seguir os seguintes pasos:

    • Descarga a ficha.Pica na ligazón de descarga que se atopa abaixo e abrirase unha nova xanela co arquivo en pdf coa ficha.
    • Imprímea e rechea todos os campos que veñen na ficha.Asínaa
    • Envíanola.Cando encheses a ficha envíanola por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou se o prefires por correo postal á dirección:

    UGT-Vigo

    Secretaría de Organización e Administración

    Rúa García Barbón, 65 - 36201 VIGO

    FOLLA DE AFILIACIÓN

  • Ambuibérica e CIG, como anel o dedo

    Sindicatos e patronal, auga e aceite; por moito entendemento que exista, sempre haberá unha liña impermeable. No caso do sindicato CIG (Confederación Intersindical Galega) e a empresa Ambuibérica, esta liña é utilizada para que a súa alianza átese cada día con máis forza.

    FeSMC Galicia xa o adiantaba no seu día e o pasado 27 de setembro materializouse a alianza CIG-Ambuibérica. Despois de levar aos traballadores a unha folga política o pasado día 23, agora mesmo sae á luz que existía un preacordo asinado o día 6 de setembro e por tanto esa folga era unha mera pantomima e reforza aínda máis a postura recriminatoria por parte de UXT. A empresa empezouno a aplicar a todos os traballadores e traballadoras de Galicia, moitos dos cales se decataron ao cobrar a nómina deste mes e ver que había diferenza económicas significativas. Todo un despropósito.

    O acordo asinado é cunha soa empresa, pero que manexa a maior parte do convenio e do transporte sanitario en Galicia e, por tanto, este acordo desvirtúa a forza negociadora co resto de asociacións en aras dunha renovación do convenio autonómico que no seu día tanto custou conseguir. A maioría absoluta de CIG na mesa de negociación dá os seus froitos e cárganse o convenio colectivo «pasando» de todo aquilo que non sexa Ambuibérica. As súas razóns terán. Alguén aquí estase comendo un queixo.

    Indo ao gran, desagreguemos o acordo asinado sen contar con CCOO e UXT.

    • As quendas de traballo serán de 24 horas e 8 traballadores por ambulanciaDestrúe a posibilidade de suprimir as horas de presenza e crear máis postos de traballo. Reivindicación que leva perseguindo desde hai moito tempo e máis aínda, cando a empresa anunciara 5 equipos por ambulancia.
    • A primeira baixa laboral, inferior a 15 días no mesmo ano, cobra o acordo económico pactadoFalta a matización de que soamente é nos conceptos variables, o salario está suxeito aos descontos legais como ata o momento. O máis ferinte é que o convenio de aplicación xa contempla supostos de cobro do 100% independentemente da duración da baixa nin dos procesos anuais. Cobraríase ese 100% en cada baixa e non soamente no primeiro.
    • Establecen que nos días de asuntos propios cobrarase por 21,5 horas de xornada e non se paga a dieta e a nocturnidadePor que se teñen que perder 2,5 horas de xornada por culpa deste acordo?
    • Acordan un abono de 7,5 dietas. Nin máis nin menos. Con este acordo, o traballador vese imposibilitado á hora de reclamar por calquera motivo (ex. Despido), as dúas dietas por quenda. Por tanto pérdense dereitos.
    • Abono de 2 domingos. Isto inclúe todos o domingo, festivos e festivos especiais (38,24€). O que implica a perda económica para aqueles que teñan que traballar estes festivos especiais.
    • Non se abona o solapamento de xornada. Isto implica a desaparición das horas extra que se xeran ao efectuar un cambio de quenda máis tarde por calquera motivo (ex. Servizo, avaría do vehículo, etc). Por que se asina esta barbaridade?

    Enumeramos os puntos negativos, pois o resto de puntos igualan o actualmente recollido en convenio colectivo.
    Non fai falta ser moi sabio para ver que este acordo está por baixo dos dereitos que actualmente rexen aplicando o convenio colectivo de Galicia.


    A alianza faise tan forte que a Empresa di que os asinantes do acordo (CIG e Ambuibérica) realizarán conxuntamente un documento dirixido o 061 e a Consellería de Sanidade, no cal se solicita un aumento do orzamento para as bases de Ambuibérica, pois é insuficiente. As regras do xogo estaban claras cando Ambuibérica irrompeu en Galicia como un elefante nunha cacharrería e toda contía económica que había sobre a mesa lles valía. O sindicalismo cambiou de rumbo grazas á firma deste acordo e preocupámonos máis pola parte empresarial e a súa economía que pola dos traballadores. Mellor iría ao sector de ambulancias de Galicia se o sindicato maioritario do convenio preocupásese de asinalo e melloralo e non mirase tanto a economía dunha empresa que desde que aterrou en Galicia soamente minguou as condicións laborais de todos os traballadores e traballadoras do sector.


    Non había necesidade de ir da man coa empresa máis problemática do sector de ambulancias en Galicia. Había que loitar por un novo convenio colectivo do sector e facelo de maneira conxunta, como sempre se fixo.

    Un queixo e un só comensal, banquete seguro! Bo proveito, pero UXT seguirá defendendo aos traballadores de ambulancias.

     

  • Arranca en Vigo o XXI Encontro sindical da muller

     
    UGT-Vigo | jueves, 6 de octubre de 2016

    As unións comarcais de UGT e CCOO en Vigo organizan, en colaboración co Concello de Vigo, este xoves e venres na cidade olívica o XXI Encontro sindical da muller no que se debaterá sobre “A igualdade no mercado laboral. Superando obstáculos. Rompendo barreiras”.

    A precariedade laboral, a discriminación salarial, as dificultades para conciliar a vida persoal, familiar e laboral, as menores taxas de ocupación ou a grande invisibilidade das situacións de acoso sexual e por razón de sexo nos centros de traballo son altas barreiras ás que as mulleres se enfrontan nas empresas e, por suposto, á violencia de xénero que ten repercusións en todos os eidos.

    Por iso, nestas xornadas, a través da exposición de diversas ponentes farase fincapé na importancia do apoderamento, de concibir a empresa en feminino, das medidas de conciliación, da loita contra a violencia de xénero, así como, dos mecanismos e ferramentas dispoñibles para actuar fronte a situacións de discriminación desde a perspectiva de xénero.

    Concretamente, o xoves día 6, terá lugar o acto de apertura no Hotel Coia de Vigo ás 10.00 horas. Neste intervirán a concelleira de Igualdade, Normalización lingüística e Xuventude do Concello de Vigo, Uxía Blanco; a secretaria de Igualdade e Política social da Unión comarcal de CCOO de Vigo, Elena Rodríguez; e María Dolores Somoza en representación da Unión comarcal de UGT de Vigo.

    Xa ás 10.30 a especialista en emprendemento feminino Fátina Rodríguez falará sobre “Empresa en feminino: a realidade do emprendemento e as políticas de igualdade”.

    Ás 12.00 horas está programado un obradoiro sobre “Técnicas e importancia da utilización dunha linguaxe inclusiva” que dirixirá Llerena Pedrozo, feminista especializada en comunicación, xénero, cultura e medio ambiente.

    Estes encontros retomaranse o venres, día 7, a partir das 9.30 horas cunha intervención sobre “O acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral” que correrá a cargo da secretaria da Muller, Xuventude e Cooperación do S.N. de CCOO de Galicia, Mabel Pérez.

    Ás 10.15 a secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez explicará o “Protocolo para a detección e tratamento de situación de violencia de xénero na empresa”.

    Pola súa banda, Carmen Clavería, psicóloga clínica, especialista en intervención social con mulleres, dirixirá o obradoiro sobre “Sensibilización contra a violencia de xénero” a partir das 11.30 horas.

    Ás 12.30 daranse a coñecer as conclusións froito desta dúas xornadas de traballo e ás 13.30 terá lugar a clausura

  • Axencia viaxes VIAJES BAHÍA

    María Berdiales, 41-Bajo
    36202 Vigo
    Tel.: 986 220569

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    como chegar

  • Centro biomédico UMANA

     

     

     

     

    Probas Biomédicas
    c/ Perú, 1-4ª
    36202 VIGO
    Teléfono: 986442819
     
  • Centro de formación I MÁS D (FORMA)

    Barcelona, 40-Bajo
    36203 VIGO
    Telef 986 110 013

    http://www.imasdforma.com/spa/index.php

    como chegar

  • Centro Fisioterapia SAN LÁZARO

    Avda. Gregorio Espino, 48 (Pza. das Palmeiras)
    36205 VIGO
    Tel: 986 27 47 00


    Avda. Fragoso, 87
    36210 VIGO
    Tel: 986 20 20 04


    Amador Ruibal, 8-casa
    36203 VIGO
    Tel: 986 42 55 46

    http://www.fisioterapiasanlazaro.com/

    como chegar

     

  • CENTRO ODONTOLÓGICO GODOY

    Logo fondo blanco Clinica Godoy 1 
    1ª Visita, revisión y RX digital de Diagnóstico gratuita.
    50% limpieza bucal.
    10% descuento en presupuesto.
     
    Avda. Atlántida, nº 44-Baixo Esquerda
    36208 Vigo
    Tfno.: 986 12 24 66
  • Clínica Dental - JOSÉ RAÚL GARCÍA VILLADANGOS

    JOSÉ RAÚL GARCÍA VILLADANGOS
    Clínica Dental
    Avda. Buenos Aires, 3-2º
    36400 O Porriño
    Tel.: 986 33 32 94

    como chegar

  • Clínica dental ABC


    Urzáiz, 117
    36205 VIGO
    986279592

    http://dentistasporvocacion.com/

    como chegar

  • Clínica dental ASISDENT

    Venezuela, 42-1º A-VIGO
    Tlf: 986-482.264 

    Trav. de Vigo,33-1º-VIGO

    http://www.clinicasasisdent.com/

    como chegar

     

     

  • Clínica dental COLÓN 21



    Colón, 21
    36202 VIGO
    986128501

    http://clinicadentalcolon21.com/

    como chegar

  • Clínica Dental LECICH

     

    República Argentina, 22-1, 2ª-Of. 4
    36201 Vigo
    Tel.: 986 22 83 56

    http://www.lecich.es/

    como chegar

     

  • Clínicas CIVI

    CARTEL UGT CIVI

    OFERTA PARA AFILIADOS Y FAMILIARES

    DE TERAPIA MEDICA HIPERBÁRICA 15% DESCUENTO

    Y ESTUDIO DE RESONANCIA MAGNÉTICA A 150€

     

    C/ Amor Ruibal, 8. El Castro.
    36203 Vigo. Pontevedra.
    Tel.: 986 196 002

    www.clinicascivi.es

    www.camarahiperbaricavigo.es

  • Clínicas dentais HOLLENBACK

    García Barbón.-Esqu.Canceleiro,13
    36201 VIGO
    986113030

    Av. Fragoso, 59-Bajo
    36210 VIGO
    986238363

    Av.Ramón Nieto, 214-1º-
    36205 VIGO
    986112636

    Gran Vía, 37-1ª Planta
    36203 VIGO
    986132030

     

  • Clínicas dentais SUSANA SANTEIRO


    Avda. Florida, 15-Bajo
    36210 VIGO
    986205522

    Sanjurjo Badía, 184
    36207 VIGO
    986262789

    c/ Urzáiz, 55
    36204 VIGO
    986632105

    http://susanasanteiro.es/blog/