UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

UGT Vigo - salarios

  • A OCDE tamén recomenda un aumento dos salarios para que o crecemento sexa máis inclusivo

    A OCDE destaca no informe sobre España, que presentou onte, que é preciso aumentar os salarios para mellorar o benestar dos cidadáns e acadar un crecemento máis inclusivo. Unha recomendación da que terían que tomar boa nota as organizacións empresariais, para saír así da súa cerrazón en materia salarial e posibilitar un acordo de negociación colectiva, que sería moi necesario para o noso país. Recoñece, tamén, o aumento das desigualdades, a pobreza e a exclusión desde o inicio da crise.

    Con todo, elude deliberadamente sinalar ás políticas de austeridade e recortes como responsables directas desta situación e insiste en receitas rancias, ineficaces e profundamente negativas como: reducir as indemnizacións por despedimento ou rebaixar as cotizacións sociais, o que agravaría os problemas financeiros da Seguridade Social.

    O Secretario Xeral da OCDE, Anxo Gurría, presentou hoxe o estudo económico específico que elabora periodicamente esta Organización sobre España, do que, a xuízo da UXT, cabe extraer algunhas conclusións e recomendacións valiosas, xunto a outras que non compartimos, posto que estamos convencidos de que camiñan en dirección contraria á que require o noso país.

  • As mulleres traballan unha media de dous meses ao ano gratis

    A Unión Xeral de Traballadores denuncia un ano máis que a brecha salarial en España, segundo datos de Eurostat, sitúase no 14,9% o que supón que as mulleres no noso país traballan gratis unha media de 54 días (case dous meses). Para poñer de manifesto esta realidade, o sindicato iniciará unha campaña, co lema #YoTrabajoGratis, que se desenvolverá do 8 de novembro ata o 31 de decembro, o período de tempo no que as traballadoras españolas regalan o seu traballo. UXT advirte de que as discriminacións no emprego que soportan as mulleres -acceso ao mercado de traballo, modalidades de contratación, duración da xornada, interrupcións de carreira para o coidado de familiares, etc- prexudícanlles economicamente ao longo de toda a vida acentuándose á hora da xubilación. Os últimos datos da EPA, ademais, mostran o empeoramento da situación das mulleres no mercado laboral e o incremento das desigualdades polo que reclama a aprobación urxente dunha Lei de Igualdade Salarial e esixe ao novo Goberno que adopte as medidas necesarias para facer fronte a esta discriminación.

    Segundo os últimos datos de Eurostat, a fonte estatística da Unión Europea, publicados en outubro deste ano, a brecha salarial -a diferenza de salario entre mulleres e homes- en España sitúase en 14,9% salario/hora polo que traballan unha media de 54 días gratis cada ano (en Europa está en torno ao 16,7% salario hora), polo que as mulleres traballan de media 54 días gratis cada ano, case dous meses.

    A muller sofre discriminación no acceso ao emprego, nas modalidades de contratación, na duración da xornada, nas interrupcións de carreira para o coidado de familiares e, todas elas acentúan a súa precariedade tras a xubilación.

    Segundo os datos da Enquisa de Estrutura Salarial de 2014, últimos datos oficiais que coñecemos, dados a coñecer en outubro deste ano, a diferenza dos salarios medios brutos anuais entre mulleres e homes sitúase nun 23,25% mentres que a diferenza de salario hora é dun 14%. Mentres que eles percibiron, de media, 25.727,24 euros anuais, as mulleres recibiron 19.744,82.

  • Concentración onte diante da sede da patronal en Vigo, para demandar que os convenios recuperen xa dereitos e repartan beneficios