UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

UGT Vigo - vigo

  • Temos moitas razóns para mobilizarmos. Temos que recuperar dereitos

    As mobilizacións convocadas para o 15 dedecembro son mobilizacións democráticas para esixir que se reparta doutramaneira a riqueza e recuperar dereitos. Hai millóns de traballadores en Españaque seguen sen ter emprego. Hai millóns de persoas con enormes dificultadespara vivir dignamente. E ter traballo non é garantía de conseguilo. Adesvalorización salarial é abafadora. O 35% dos asalariados en España, 5,6millóns de asalariados, cobran en media anual un soldo inferior ao salariomínimo interprofesional (SMI), e, deles, máis de 3,6 millóns de traballadoresviven con menos da metade do SMI.

    Os traballadores tivemos que consentir moitosrecortes salariais e de condicións de traballo para non perder o posto detraballo ou acceder a un, situación favorecida por unha reforma laboral queimpulsou esa desvalorización no emprego. Hoxe hai moitísimos traballadorespobres. Mentres, vemos como a economía crece e que as empresas obteñenbeneficios. Vemos como saímos da crise económica, pero non da crise social.  O noso país necesita un plan para crearemprego con dereitos.

    Para UGT é prioritario rescatar ás persoas deoito anos de intensa crise e políticas de recortes. O crecemento económico nonlogrará iso por si só. UGT lembra que o noso país necesita un plan para crearemprego con dereitos (1 de cada 5 españois está no paro, a metade dosdesempregados son de longa duración, e un de cada dous mozos non ten traballo),para asegurar as pensións e mellorar o sistema de protección social (a metadedos parados non teñen ningún tipo de cobertura) e combater a pobreza crecentemesmo entre a poboación traballadora (700.000 familias non teñen ningún tipo deingresos, 1,5 millóns de fogares teñen a todos os seus membros en paro, e un decada catro cidadáns vive por baixo do limiar da pobreza) mediante melloressalarios e empregos estables.

    Agora, o presidente do Goberno afirma estardisposto a abrir o diálogo social, pero o primeiro que fixo foi fixar límites ánegociación e impedir cambiar reformas como a laboral. Por iso, UGT e CCOOacordamos o inicio gradual de mobilizacións, para esixir que se reparta doutramaneira a riqueza e recuperar dereitos para os traballadores. E os cidadánsteñen que ter claro que se quere recobrar os seus dereitos teñen que loitar por eles.

  • UGT organiza o 2 de decembro en Vigo unha xornada sobre “A igualdade no mercado de traballo. Un dereito. Un deber”

    A3 Xorn VigoVigo, 1 de decembro de 2016.- “A igualdade no mercado de traballo. Un dereito. Un deber” será obxecto de análise e debate nunha xornada organizada por UGT-Vigo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, mañá, día 2 de decembro, no salón de actos da sede do Sindicato na cidade olívica.

    Dende UGT-Vigo insístese en que no eido da igualdade no mercado laboral aínda queda moito por facer e alerta que na conxuntura de crise destes últimos anos foron moitos os temas relacionados coa igualdade que pasaron a ocupar un papel secundario.

    O Sindicato fai fincapé en que a igualdade no traballo é un dereito ao que non se pode renunciar. Por iso, é importante analizar a situación da igualdade no mercado de traballo, centrando o debate en cuestións como a conciliación, a igualdade no acceso e permanencia nos postos de traballo ou as desigualdades salariais. Analizando tamén a situación da negociación colectiva, o que permitirá ter unha perspectiva global e propoñer ferramentas para combater esta importante eiva do mercado laboral.

    A xornada comezará ás 9.45 horas co acto de apertura, ao que lle seguirá a intervención da secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez, que intentará dar resposta á pregunta: “Existe a igualdade no mercado de traballo?”.

    De seguido, ás 10.30 horas María Dolores Somoza, responsable de Igualdade de UGT-Vigo, falará sobre “A negociación colectiva como ferramenta fundamental para o cambio”.

    Xa ás 11.15, a técnica de prevención de riscos laborais do Sindicato, Yolanda Rodelgo, analizará polo miúdo “A prevención da saúde desde a perspectiva de xénero”.

    Ás 12.30 horas Mónica Rodríguez retomará a palabra para profundar sobre “A importancia dos plans de igualdade. Estrutura e contido”.

  • UGT Vigo pecha o ano liderando os resultados da comarca