UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

UGT Vigo - folga

  • 9 marzo, Folga Xeral no Ensino

    Cartel Folga 1

  • A folga da zona azul de Vigo, continúa

  • A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia apoia a xornada de loita contra as reválidas, o 26 de outubro

    A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia anunciou hoxe o seu apoio á xornada de loita contra as reválidas, que se celebrará o 26 de outubro en todo o estado español. A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia -configurada polas organizacións CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva- celebrou hoxe unha rolda de prensa para explicar a súa postura e anunciar as mobilizacións previstas para o 26 de outubro nas sete cidades galegas. Na comparecencia ante os medios de comunicación participaron Gerardo Morano, en representación de Escola Viva; José Fuentes, de Ensino CCOO; Rafa Domínguez, de FeSP-UGT Ensino; Lois Taboada, voceiro de CONFAPA;  e Diego Serantes, do Sindicato de Estudantes.

    Os representantes da Plataforma insistiron en que o rexeitamento non é só as reválidas –“a medida máis agresiva do LOMCE, segundo explicou Lois Taboada”– senón que esixen “a derrogación da LOMCE e a reversión dos recortes sufridos nos últimos anos na ensinanza pública”.

    Gerardo Morano explicou que a Plataforma apoia a xornada de folga educativa convocada polo sector do alumnado, así coma a proposta da CONFAPA, que promove un baleirado das aulas na nosa comunidade, e animou a toda a comunidade educativa a participar nas mobilizacións.

    Lois Taboada destacou que esta xornada de mobilizacións e unha máis no longo camiño que comezou hai xa cinco anos  e recordou que a comunidade educativa xa manifestou o seu rexeitamento as reválidas o pasado curso cando se realizou a de 6º de Primaria, “na que houbo un absentismo do 70%”. A CONFAPA (Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos) tamén manifestou o seu apoio á xornada de folga do alumnado porque “hai motivos dabondo e non os imos deixar sós, porque son os nosos fillos e imos estar con eles”.

    José Fuentes, de CCOO, referiuse ao Real Decreto 310/2016 de 29 de xullo, que regula as reválidas, “que foi aprobado por un goberno en funcións o cal o deslexitima”. Fuentes tamén insistiu en que o obxectivo desta proba é “impedir o acceso á ensinanza superior a un número importante do alumnado”.

    Neste mesmo sentido expresouse o voceiro de FeSP-UGT Ensino, Rafa Domínguez, ao sinalar que “mentres que nós apostamos por unha formación integral e integradora, estas medidas son segregadoras e van en contra de todos os criterios pedagóxicos”. Ademais Domínguez non entende que  o futuro do alumnado, despois de 6 anos de formación, dependa dunha proba que se realiza en 5 intensos días.

    Finalizou o representante do sindicato de estudantes, Diego Serantes, animando a toda a comunidade educativa a participar de forma activa nas mobilizacións do día 26 de outubro e destacou que “non é máis que unha nova protesta de todas as que estamos a facer contra a LOMCE”.

  • Concentración para o indulto a Carlos e Serafín

    Este xoves, as 19:30 e diante da Farola de Principe, farase unha nova concentración dos familiares, amigos e compañeiros dos sindicatos CIG, CCOO e UGT para apoiar e seguir reivindicando o INDULTO para os compañeiros Carlos e Serafín que foron inxustamente condeados a tres anos de prisión por participar nunha folga de trablladores do transporte no ano 2008. Unha condea que non os castiga por ningunha actuación violenta.

  • O Sergas acepta negociar a unha semana da folga sanitaria

    Delegados sindicais protagonizaron un peche no edificio administrativo do Sergas na rúa García Barbón para esixir "a devolución dos dereitos arrebatados"; mentres que outro grupo de traballadores sanitarios concentráronse no hospital Nicolás Pena co mesmo fin. Ambas protestas pretendían forzar un calendario de negociación "real" coa administración pública para conseguir a recuperación dos acordos laborais e retributivos "suspendidos desde hai anos". Os participantes tamén quixeren mostrar o apoio do persoal vigués á folga xeral da sanidade convocada en Galicia por estes sindicatos os días 2 e 3 de novembro. O peche ía manterse ata o luns pero suspendeuse ao mediodía despois de que a directora de Recursos Humanos do Sergas, Margarita Prado, anunciase a súa intención de sentar a negociar.

    Fuente Atlantico Diario