UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

UGT Vigo - ugt

  • #1deMaio en Vigo. Saimos a rúa polo emprego estable e salarios xustos

  • #23M , loitando polos nosos dereitos en Vigo

    WhatsApp Image 2017-03-23 at 11.49.38 (1) (1).jpegWhatsApp Image 2017-03-23 at 11.49.38 (2) (1).jpegWhatsApp Image 2017-03-23 at 11.49.06 (2) (1) (1).jpegWhatsApp Image 2017-03-23 at 11.49.06 (3).jpeg

  • 1 de Maio en Vigo, saída as 11:30. Participa!!

  • 100 delegados en Vigo pendentes dun novo AENC

  • A maioría parlamentaria rexeita que os pensionistas perdan poder adquisitivo

    A maioría parlamentaria voltou a desautorizar ao Goberno do PP e apoiou a Proposición Non de Lei presentada polo PSOE no Congreso dos Deputados para derogar a lei, 23/2013, do 23 de decembro, reguladora do Factor de Sustentabilidade e do Índice de Revalorización do Sistema de Pensións da Seguridade Social. Unha lei que non pretende “nin revalorizar, nin garantir a sustentabilidade das pensións, só recortalas” e que, de non derrogarse, suporá que “os pensionistas, cada 10 anos que pasen, perdan un 20% do seu poder adquisitivo”- tal e como declarou esta mañá a Secretaria de Políticas Sociais, Emprego e Seguridade Social de UXT, Mª Carmen Barreira.

    Esta proposición non de lei, a iniciativa de UXT, contou co respaldo de todos os grupos parlamentarios, a excepción do PP e Cidadáns (172 votos a favor, 132 en contra e 33 abstencións). E vai en liña coa proposición de lei presentada en outubro de 2016, tamén promovida por UXT, para que as pensións revalorizásense, en 2017, conforme ao IPC, cunha cláusula de revisión a final de ano, para evitar a perda de poder adquisitivo dos pensionistas. Unha proposición de lei que contou tamén coa maioría parlamentaria.

    A Secretaria de Políticas Sociais, Emprego e Seguridade Social destacou que “é necesario poñer no centro do debate político a cuestión da suficiencia das pensións, posto que dende a reforma de pensións de 2013, “as pensións no noso país están a ser obxecto de severos recortes e o van ser moito máis a futuro”.

    Por iso, “dende UXT imos seguir buscando o consenso, para que a maioría dos partidos políticos, presentes no Pacto de Toledo, esixan ao Goberno, como paso previo a calquera acordo, a derogación da reforma de pensións de 2013 e, en concreto, destes elementos “tan nocivos”, como é o Índice de Revalorización e o Factor de Sustentabilidade, que recortan as pensións.

    Barrera sinalou que “o Goberno do PP non pode seguir empregando unha maioría ocasional, que tivo en 2013, para recortar as pensións actuais e futuras”. Así mesmo, declarou que, no ámbito do diálogo social, esixiuse ao Goberno que se trasladen estas materias para que sexan obxecto de revisión ou derogación (como é o caso do Índice de Revalorización e o Factor de Sustentabilidade). Por último, expresou o compromiso do sindicato para seguir loitando por unhas pensións dignas.

  • A OCDE tamén recomenda un aumento dos salarios para que o crecemento sexa máis inclusivo

    A OCDE destaca no informe sobre España, que presentou onte, que é preciso aumentar os salarios para mellorar o benestar dos cidadáns e acadar un crecemento máis inclusivo. Unha recomendación da que terían que tomar boa nota as organizacións empresariais, para saír así da súa cerrazón en materia salarial e posibilitar un acordo de negociación colectiva, que sería moi necesario para o noso país. Recoñece, tamén, o aumento das desigualdades, a pobreza e a exclusión desde o inicio da crise.

    Con todo, elude deliberadamente sinalar ás políticas de austeridade e recortes como responsables directas desta situación e insiste en receitas rancias, ineficaces e profundamente negativas como: reducir as indemnizacións por despedimento ou rebaixar as cotizacións sociais, o que agravaría os problemas financeiros da Seguridade Social.

    O Secretario Xeral da OCDE, Anxo Gurría, presentou hoxe o estudo económico específico que elabora periodicamente esta Organización sobre España, do que, a xuízo da UXT, cabe extraer algunhas conclusións e recomendacións valiosas, xunto a outras que non compartimos, posto que estamos convencidos de que camiñan en dirección contraria á que require o noso país.

  • A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia apoia a xornada de loita contra as reválidas, o 26 de outubro

    A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia anunciou hoxe o seu apoio á xornada de loita contra as reválidas, que se celebrará o 26 de outubro en todo o estado español. A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia -configurada polas organizacións CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva- celebrou hoxe unha rolda de prensa para explicar a súa postura e anunciar as mobilizacións previstas para o 26 de outubro nas sete cidades galegas. Na comparecencia ante os medios de comunicación participaron Gerardo Morano, en representación de Escola Viva; José Fuentes, de Ensino CCOO; Rafa Domínguez, de FeSP-UGT Ensino; Lois Taboada, voceiro de CONFAPA;  e Diego Serantes, do Sindicato de Estudantes.

    Os representantes da Plataforma insistiron en que o rexeitamento non é só as reválidas –“a medida máis agresiva do LOMCE, segundo explicou Lois Taboada”– senón que esixen “a derrogación da LOMCE e a reversión dos recortes sufridos nos últimos anos na ensinanza pública”.

    Gerardo Morano explicou que a Plataforma apoia a xornada de folga educativa convocada polo sector do alumnado, así coma a proposta da CONFAPA, que promove un baleirado das aulas na nosa comunidade, e animou a toda a comunidade educativa a participar nas mobilizacións.

    Lois Taboada destacou que esta xornada de mobilizacións e unha máis no longo camiño que comezou hai xa cinco anos  e recordou que a comunidade educativa xa manifestou o seu rexeitamento as reválidas o pasado curso cando se realizou a de 6º de Primaria, “na que houbo un absentismo do 70%”. A CONFAPA (Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos) tamén manifestou o seu apoio á xornada de folga do alumnado porque “hai motivos dabondo e non os imos deixar sós, porque son os nosos fillos e imos estar con eles”.

    José Fuentes, de CCOO, referiuse ao Real Decreto 310/2016 de 29 de xullo, que regula as reválidas, “que foi aprobado por un goberno en funcións o cal o deslexitima”. Fuentes tamén insistiu en que o obxectivo desta proba é “impedir o acceso á ensinanza superior a un número importante do alumnado”.

    Neste mesmo sentido expresouse o voceiro de FeSP-UGT Ensino, Rafa Domínguez, ao sinalar que “mentres que nós apostamos por unha formación integral e integradora, estas medidas son segregadoras e van en contra de todos os criterios pedagóxicos”. Ademais Domínguez non entende que  o futuro do alumnado, despois de 6 anos de formación, dependa dunha proba que se realiza en 5 intensos días.

    Finalizou o representante do sindicato de estudantes, Diego Serantes, animando a toda a comunidade educativa a participar de forma activa nas mobilizacións do día 26 de outubro e destacou que “non é máis que unha nova protesta de todas as que estamos a facer contra a LOMCE”.

  • A taxa de temporalidade xa está no 28,13%, máis de 6 puntos por enriba da que se rexistraba a comezos de 2013

    O desemprego segue a atizar aos fogares galegos. As vivendas nas que todos os activos están no paro son 61.700 e 33.600 non perciben ingresos. Estas dúas variables continúan en valores insostibles, sobre todo, se se comparan cos valores rexistrados no terceiro trimestre do ano 2009, 44.800 e 19.700, respectivamente.

    2.300 PERSOAS CON CONTRATOS DE TAN SÓ UN DÍA E 7.000 DE MENOS DUN MES

    En canto á duración dos contratos, dos 238.500 asalariados con contrato temporal, 2.300 teñen un contrato que tan só dura un día e 7.000 menos dun mes. Isto é un claro expoñente da precariedade que UGT ven denunciando reiteradamente e á que hai que buscarlle unha solución porque mentres estas cifras de temporalidade, precariedade e parcialidade continúen enriba da mesa non se pode falar de recuperación real.

    CASE O 60 POR CENTO DOS CONTRATADOS A TEMPO PARCIAL O SON DUN XEITO INVOLUNTARIO

    Precisamente, en termos de temporalidade, existen cifras certamente preocupantes, do total dos ocupados en Galicia, o 13 por cento (138.900 persoas) teñen un contrato a tempo parcial pero é que destes o 59,6 por cento están nesta situación de xeito involuntario. A parcialidade involuntaria é outra das consecuencias das reformas laborais impostas

  • A Unión de Pensionistas e Xubilados de UGT Vigo en Teis e O Calvario

    De 11 a 12:30, o vindeiro venres 23 de febreiro, os compañeiros e compañeiras da UPX-UGT estarán nos barrios de Teis e O Calvario. Esta acción enmarcase na campaña pola defensa dunhas pensións dignas.

  • Actos en Vigo para o día 8 de Marzo

  • Acude a concentración mañá xoves, en Pontevedra

    mais información en UGT Vigo

  • Acude a la MANIFESTACION #INDULTOparaCarlosySerafin

  • Afíliate

    Vantaxes e Cuotas

    QUE VANTAXES SUPÓN AFILIARSE A UGT? | INFORMACIÓN E ASESORAMENTO PERMANENTE | OUTROS SERVIZOS |CONTÍA DAS COTAS DE AFILIACIÓN A UGT PARA O ANO 2016 | FICHA DE AFILIACIÓN |
     

    QUE VANTAXES SUPÓN AFILIARSE A UGT?

    As vantaxes de estar afiliado/a a un sindicato organizado e estruturado, como UGT, son numerosas:

    INFORMACIÓN E ASESORAMENTO PERMANENTE

    Gabinetes Xurídicos Especializados (avogados/as laboralistas, etc.)
    Contratación, salarios, vacacións, nóminas, xornadas, convenios colectivos, liquidacións, finiquitos, xubilacións, pensións, Seguridade Social, despedimentos, etc.
    Expedientes de regulación
    Protección por desemprego
    Prevención de riscos laborais
    Formación contínua adaptada aos postos de traballo
    Formación sindical específica aos delegados/as de persoal, membros de comités e delegados/as de Saúde Laboral

    OUTROS SERVIZOS

    Vacacións, viaxes e hoteis 
    Campamentos infantís de verán
    Ocio: residencias, tempo libre
    Establecementos concertados
    Seguro de Accidentes en caso de morte, a partir dun ano de afiliación ininterrumpida a UGT

    CONTÍA DAS COTAS DE AFILIACIÓN A UGT PARA O ANO 2018

    Cota Básica Confederal

    12,00 euros mensuais

    ​A Cota Ordinaria, cuxos tipos e contía establecen no seu Congreso Federal as Federacións Estatais, deben respectar un mínimo igual á Cota Básica Confederal.

    Cota Reducida

    8,40 euros mensuais

    A Cota Reducida aplicarase aos afiliados cuxos ingresos anuais íntegros procedentes de rendas do traballo ou protección por desemprego sexan iguais ou inferiores en cómputo anual a 1,50 veces o Salario Mínimo Interprofesional.

    ​Tamén poderá aplicarse a determinados colectivos e situacións específicas, cando así o prevexan os Estatutos Federais.

    Cotas Especiais para Xubilados (tipo  C)

    6,00 euros mensuais

    Aplicarase ás persoas adscritas da Unión de Xubilados e Pensionistas ( UJP) cuxos ingresos anuais íntegros sexan superiores a 1,50 veces o Salario Mínimo Interprofesional.​

    Afiliados pertencentes aos diversos sectores en que se organiza a Unión Estatal de Traballadores por Conta Propia.

    Cotas Especiais para UPA e  UPTA

    4,20 euros mensuais (Aplicarase aos seus afiliados)​

    Cotas Especiais para Xubilados e Parados (tipo D)

    3,60 euros mensuais​

    Aplicarase ás persoas adscritas da Unión de Xubilados e Pensionistas ( UJP) cuxos ingresos anuais íntegros sexan inferiores a 1,50 veces o Salario Mínimo Interprofesional e aos afiliados e afiliadas que se atopen en situación de paro e carezan de ingresos ou prestacións.

     
     

    FICHA DE AFILIACIÓN

    Afiliate, é moi sinxelo só tes que seguir os seguintes pasos:

    • Descarga a ficha.Pica na ligazón de descarga que se atopa abaixo e abrirase unha nova xanela co arquivo en pdf coa ficha.
    • Imprímea e rechea todos os campos que veñen na ficha.Asínaa
    • Envíanola.Cando encheses a ficha envíanola por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou se o prefires por correo postal á dirección:

    UGT-Vigo

    Secretaría de Organización e Administración

    Rúa García Barbón, 65 - 36201 VIGO

    FOLLA DE AFILIACIÓN

  • Axencia viaxes VIAJES BAHÍA

    María Berdiales, 41-Bajo
    36202 Vigo
    Tel.: 986 220569

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    como chegar

  • Calendario de festas laborais de 2018

  • Centos de delegados e delegadas participan na asemblea convocada por UGT-Galicia en Santiago

    Centos de delegados e delegadas de UGT, procedentes de toda Galicia, participaron hoxe na asemblea convocada polo Sindicato e na que se debateu sobre as cuestións de actualidade e sobre os retos e propostas que ten UGT para chegar ás persoas e resolver os problemasdas familias que aínda están a sufrir as consecuencias da crise.

    Precisamente, neste senso, incidiu o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, na súa intervención, na necesidade de estar coa xentes e atender as súas necesidades porque hai outros temas e problemas que ten este país, ademais da problemática de Cataluña que parece desdebuxar o día a día das familias e as súas dificultades.

    ler mais

  • Centro auditivo AURAL

     
    Audífonos WIDEX
    Fundación  Audiología
    Dr. Cadaval, 14
    36202 Vigo
    986 22 60 58.
    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
     
     
  • Centro biomédico UMANA

     

     

     

     

    Probas Biomédicas
    c/ Perú, 1-4ª
    36202 VIGO
    Teléfono: 986442819
     
  • Centro de Día para maiores AGARIMO


    Centro de Atención a Maiores
    Zamora, 60-Bajo-Dcha.
    36203 Vigo
    Telef 986 482 530
    615169286

    como chegar

  • Centro de formación I MÁS D (FORMA)

    Barcelona, 40-Bajo
    36203 VIGO
    Telef 986 110 013

    http://www.imasdforma.com/spa/index.php

    como chegar