UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

Afíliate

Vantaxes e Cuotas

QUE VANTAXES SUPÓN AFILIARSE A UGT? | INFORMACIÓN E ASESORAMENTO PERMANENTE | OUTROS SERVIZOS |CONTÍA DAS COTAS DE AFILIACIÓN A UGT PARA O ANO 2016 | FICHA DE AFILIACIÓN |
 

QUE VANTAXES SUPÓN AFILIARSE A UGT?

As vantaxes de estar afiliado/a a un sindicato organizado e estruturado, como UGT, son numerosas:

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO PERMANENTE

Gabinetes Xurídicos Especializados (avogados/as laboralistas, etc.)
Contratación, salarios, vacacións, nóminas, xornadas, convenios colectivos, liquidacións, finiquitos, xubilacións, pensións, Seguridade Social, despedimentos, etc.
Expedientes de regulación
Protección por desemprego
Prevención de riscos laborais
Formación contínua adaptada aos postos de traballo
Formación sindical específica aos delegados/as de persoal, membros de comités e delegados/as de Saúde Laboral

OUTROS SERVIZOS

Vacacións, viaxes e hoteis 
Campamentos infantís de verán
Ocio: residencias, tempo libre
Establecementos concertados
Seguro de Accidentes en caso de morte, a partir dun ano de afiliación ininterrumpida a UGT

CONTÍA DAS COTAS DE AFILIACIÓN A UGT PARA O ANO 2016

Cota Básica Confederal

11,10 euros mensuais
A Cota Ordinaria, cuxos tipos e contía establecen no seu Congreso Federal as Federacións Estatais, deben respectar un mínimo igual á Cota Básica Confederal.
 
 
Cota Reducida
 
7,75 euros mensuais
 

A Cota Reducida aplicarase aos afiliados cuxos ingresos anuais íntegros procedentes de rendas do traballo ou protección por desemprego sexan iguais ou inferiores en cómputo anual a 1,50 veces o Salario Mínimo Interprofesional.
 
Tamén poderá aplicarse a determinados colectivos e situacións específicas, cando así o prevean os Estatutos Federais.
 
Cotas Especiais para Xubilados (tipo C)
5,55 euros mensuais
 

Aplicarase ás persoas adscritas da Unión de Xubilados e Pensionistas (UJP) cuxos ingresos anuais íntegros sexan superiores a 1,50 veces o Salario Mínimo Interprofesional.
 
Afiliados pertencentes aos diversos sectores en que se organiza a Unión Estatal de Traballadores por Conta Propia.
  
Cotas Especiais para UPA e UPTA
3,90 euros mensuais
 
Aplicarase aos seus afiliados
 
 
Cotas Especiais para Xubilados e Parados (tipo D)
3,30 euros mensuais
 

Aplicarase ás persoas adscritas da Unión de Xubilados e Pensionistas (UJP) cuxos ingresos anuais íntegros sexan inferiores a 1,50 veces o Salario Mínimo Interprofesional e aos afiliados e afiliadas que se encontren en situación de paro e carezan de ingresos ou prestacións.

 

FICHA DE AFILIACIÓN

Afiliate, é moi sinxelo só tes que seguir os seguintes pasos:

  • Descarga a ficha.Pica na ligazón de descarga que se atopa abaixo e abrirase unha nova xanela co arquivo en pdf coa ficha.
  • Imprímea e rechea todos os campos que veñen na ficha.Asínaa
  • Envíanola.Cando encheses a ficha envíanola por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou se o prefires por correo postal á dirección:

UGT-Vigo

Secretaría de Organización e Administración

Rúa García Barbón, 65 - 36201 VIGO

FOLLA DE AFILIACIÓN

CARTEL 1 MAIO 2017 GAL Vigo 001 1

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

vida 1 

Videos da UGT

 

únete a nós