UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

UXT denuncia baixa temeraria na oferta da actual concesionaria da zona azul de Vigo

UXT denunciou este mércores que a actual concesionaria da zona azul en Vigo, Dornier, incorre nunha baixa temeraria de ata un 31 % respecto ao custo do servizo na oferta que presentou ao concurso aberto polo Concello para o novo contrato que rexerá durante o próximos dez anos.

Santos Sánchez, secretario de Servizos de UXT Vigo, e os delegados en Dornier Xullo Fernández e Carlos Landín advertiron en rolda de prensa de que, de gañar o concurso Dornier, haberá unha redución de persoal, entre 13 e 16 empregados dun total de 40, e un sobrecusto para os contribuíntes.

Remitíronse a que o prego de condicións prevé un aumento do 40 % das prazas de zona azul e apuntaron ademais á posibilidade de que se estendan os horarios de cobro ao mediodía e aos sábados.

Detallaron que na parte técnica do concurso, un 40 % do total, as seis empresas que aspiran ao contrato están practicamente igualadas, con diferenzas "de décimas ata dous puntos como máximo", mentres que na económica, que pesa un 60 %, todas menos unha rebaixan o custo do servizo, pero Dornier é a que máis (31 %). A seguinte maior rebaixa é a de Estacións e Servizos cun 15,63 %.

Foto de Miguel Martín (Iniciativas audiovisuales)

mais info: Cadena Ser - Diario de Pontevedra - El Correo Gallego - La Voz de Galicia

 

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

 CONCELLO VIGO 2

vida 1 

Videos da UGT

 

Facebook