UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

A taxa de temporalidade xa está no 28,13%, máis de 6 puntos por enriba da que se rexistraba a comezos de 2013

O desemprego segue a atizar aos fogares galegos. As vivendas nas que todos os activos están no paro son 61.700 e 33.600 non perciben ingresos. Estas dúas variables continúan en valores insostibles, sobre todo, se se comparan cos valores rexistrados no terceiro trimestre do ano 2009, 44.800 e 19.700, respectivamente.

2.300 PERSOAS CON CONTRATOS DE TAN SÓ UN DÍA E 7.000 DE MENOS DUN MES

En canto á duración dos contratos, dos 238.500 asalariados con contrato temporal, 2.300 teñen un contrato que tan só dura un día e 7.000 menos dun mes. Isto é un claro expoñente da precariedade que UGT ven denunciando reiteradamente e á que hai que buscarlle unha solución porque mentres estas cifras de temporalidade, precariedade e parcialidade continúen enriba da mesa non se pode falar de recuperación real.

CASE O 60 POR CENTO DOS CONTRATADOS A TEMPO PARCIAL O SON DUN XEITO INVOLUNTARIO

Precisamente, en termos de temporalidade, existen cifras certamente preocupantes, do total dos ocupados en Galicia, o 13 por cento (138.900 persoas) teñen un contrato a tempo parcial pero é que destes o 59,6 por cento están nesta situación de xeito involuntario. A parcialidade involuntaria é outra das consecuencias das reformas laborais impostas

cartel concello 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego do sindicato e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

UGT Vigo nas RRSS

 

        

 

 V igo_2017_FomentoAsoc.jpg

 

Vigo_2017_FomentoEmp.jpg

 

PAE_ACTIVIGO_2017.jpg

 

 

 

Videos da UGT

 

Facebook