A OCDE tamén recomenda un aumento dos salarios para que o crecemento sexa máis inclusivo
A OCDE destaca no informe sobre España, que presentou onte, que é preciso aumentar os salarios para mellorar o benestar dos cidadáns e acadar un crecemento máis inclusivo. Unha recomendación da que terían que tomar boa nota as organizacións empresariais, para saír así da súa cerrazón en materia salarial e posibilitar un acordo de negociación colectiva, que sería moi necesario para o noso país. Recoñece, tamén, o aumento das desigualdades, a pobreza e a exclusión desde o inicio da crise.
Con todo, elude deliberadamente sinalar ás políticas de austeridade e recortes como responsables directas desta situación e insiste en receitas rancias, ineficaces e profundamente negativas como: reducir as indemnizacións por despedimento ou rebaixar as cotizacións sociais, o que agravaría os problemas financeiros da Seguridade Social.
O Secretario Xeral da OCDE, Anxo Gurría, presentou hoxe o estudo económico específico que elabora periodicamente esta Organización sobre España, do que, a xuízo da UXT, cabe extraer algunhas conclusións e recomendacións valiosas, xunto a outras que non compartimos, posto que estamos convencidos de que camiñan en dirección contraria á que require o noso país.