UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

Urxe un pacto para rescatar ás persoas vítimas de oito anos de crise e seis de intensos recortes

O Comité constatou que en España e en Galicia,tras oito anos de intensa crise e seis de políticas de austeridadeextrema que deterioraron o estándar de vida de millóns de familias,a maioría da cidadanía anhela un cambio de rumbo que teña comoresultado unha mellora da súa situación económica, unharecuperación de dereitos laborais e das liberdades cidadás e unfortalecemento do estado de benestar e dos servizos públicosesenciais.

Para o Comité Nacional, a nova situaciónpolítica en España e en Galicia ven marcada pola necesidade deacordos políticos e sociais. É preciso mudar o rumbo, non éposible continuar con políticas sociais e económicas centradas namera redución de gastos, que non teñen en conta as súasconsecuencias sobre as condicións de vida da poboación traballadorae a sociedade en xeral.

Por iso, o Comité Nacional de UGT-Galicia advirteque os gobernos deben abrir un proceso de diálogo social sen demorapero, tanto no eido do Estado como en Galicia, a cidadanía ten queser consciente de que, para recuperar dereitos e avanzar, haberá querecorrer á mobilización, se non se abren espazos de diálogoconcretos.

UGT non se vai resignar a que non se repartanparte dos beneficios que se están xerando, hai crecemento pero nonhai redistribución. Por iso, se non se abren os espazos de diálogodemandados con resultados tanxibles, o Sindicato continuará cosprocesos de mobilizacións indefinidas e crecentes que poderíanconfigurar un posible escensario de folga xeral.

cartel concello 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego do sindicato e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

UGT Vigo nas RRSS

 

        

 

 V igo_2017_FomentoAsoc.jpg

 

Vigo_2017_FomentoEmp.jpg

 

PAE_ACTIVIGO_2017.jpg

 

 

 

Videos da UGT

 

únete a nós

Facebook