UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

Só o 7,5 por cento da contratación en Galicia é indefinida

En Galicia segue a haber máis de 200.000 desempregados

​Remata o mes de decembro de 2016 con 205.914 desempregados en Galicia, medrando o 1.2% con respecto ao mes anterior, o que representa 2.360 persoas desempregadas máis. Ista é unha evolución moi desfavorable se a comparamos co sucedido no Estado, no que cae o desemprego nun 2,3%. No Estado a cifra de desempregados sitúase en 3.702.974, caendo en 86.849 parados menos. Pola contra, Galicia ten unha evolución contraria á do Estado e a da maioría das CCAA, tan só medra en Cantabria, Galicia e A Rioxa (de máis a menos, por esta orde).

En termos interanuais, dende hai catro anos consolídase a contracción do desemprego neste mes. En Galicia a variación foi de baixada do desemprego nun 10%, cun total de 22.894 desempregados menos (no Estado tamén hai unha acusada contracción con 390.534 parados menos, o -9,5%).

 
Decembro Variación mensual Variación interanual
2007 1,5 -3,5
2008 5,0 22,5
2009 2,8 17,3
2010 2,4 6,5
2011 1,9 8,8
2012 0,8 8,0
2013 0,1 -2,8
2014 1,3 -7,1
2015 1,6 -9,2
2016 1,2 -10,0

 

A mellora beneficia aos homes pero perxudica ás mulleres

O aumento do desemprego, no mes, non repercute de xeito igual nos homes que nas mulleres, medrando con forza nos homes o 3,7% e caendo nas mulleres o -0,9 %. A pesar desta evolución as mulleres seguen a ter maior peso no desemprego, acadando unha porcentaxe do 54,2% do total.

En termos interanuais cae en ambos sexos, pero como xa se ven consolidando, a recuperación das cifras de desemprego beneficia moito máis a homes que a mulleres. Os homes contraen a cifra de desempregados nun 11,7% fronte á menor caída, o -8,54%, no caso das mulleres. O mercado laboral, ao retomar unha senda de mellora, beneficia moito máis aos homes, a desigualdade segue presente. 94.353 desempregados e 111.561 desempregadas no mes.

A saída de mozos a outros países fai que baixe o paro

Por idades o paro para os menores de 25 anos sitúase en 9.391 persoas, cunha evolución máis favorable que a do total do paro. Medra no conxunto de idades o 1.16% e nos menores de 25 anos cae o 4,53%. No ano hai unha caída tamén máis acusada que no total de idades (a caída de parados menores de 25 anos é do 17.33%, que son 1.969 persoas desempregadas menos) fronte ao -10% do total de idades. As razóns desta forte caída podemos atopala na saída de efectivos da nosa comunidade así como a falta de relevo xeracional.

O paro aumenta con contundencia na Construción e na Industria

No mes, por sectores, cae nos Servizos e no Sen emprego anterior, o 0,7% e 2,6% respectivamente. É lóxico pola temporada de Nadal que haxa un repunte de emprego nos servizos, pero medra con contundencia, como ven sendo habitual neste mes nos últimos anos, na Construción cun 8,61% máis, o que representa que haxa 1.852 parados máis. Tamén na industria hai un considerable aumento do desemprego, 1335 parados máis, o 5,52%

No ano contraese con contundencia en todos eles, en todos os sectores, destacando a contracción de máis de 12.000 desempregados nos Servizos.

O modelo de mercado laboral galego baséase na rotación e a baixa calidade dos contratos

No mes rexistráronse un total de 71.509 contratos, proba da rotación que se dá no mercado laboral galego, xa que o número de asalariados sitúase en torno a 840.000 persoas. No mes de decembro caen tanto os indefinidos, nada menos que o 11,5%, como os temporais, que caen o 5,5%. Tamén cae a contratación no mes, o 6%, e medra o 4,2% no ano. A porcentaxe de contratación indefinida sobre o total é do 7,5%. Tan só 7,5 de cada cen contratos son de modalidade indefinida, ben sexan iniciais ou conversións en indefinido.

A taxa de cobertura segue estando por debaixo da media de España, xa de por si moi baixa

A cifra de beneficiarios con prestacións por desemprego en Galicia en novembro de 2016 (último dato dispoñible), é de tan só 98.059, segue en valores mínimos. O carácter contributivo desta prestación está en mínimos, tan só 40.535 son beneficiarios de prestación contributiva. A taxa de cobertura é do 52,5% no mes, moi por debaixo do 55,7% no Estado.

En Galicia hai 105.495 persoas desempregadas sen ningún tipo de cobertura.

A afiliación á SS tamén por debaixo da media nacional

A media de afiliados á Seguridade Social é en Galicia de 963.735 afiliados cotizantes en Galicia), 4.809 afiliados menos, o que representa un 0.5%. Na nosa Comunidade dáse unha evolución contraria á do conxunto do Estado, contexto no que medra a afiliación nun 0,4%. Con respecto ao mes de decembro de 2015 medra a afiliación en 1,86%, 17.613 máis. No Estado o incremento é do 3,12%, moi superior ao noso contexto.

GALICIA Decembro 2016 VARIACIÓN SOBRE
Mes anterior Mesmo mes ano anterior
% %
DESEMPREGO
Nº desempregados rexistrados 205.914 2.360 1,2 -22.894 -10,0
* homes 94.353 3.330 3,7 -12.471 -11,67
* mulleres 111.561 -970 -0,9 -10.423 -8,54
Nº parados mozos < 26 anos 9.391 -446 -4,53 -1.969 -17,3
Nº desempregados por sectores* 
* agricultura 8.305 515 6,6 -924 -10,0
* industria 25.499 1.335 5,5 -3.353 -11,6
* construción 23.368 1.852 8,6 -4.773 -17,0
* servizos 132.419 -914 -0,7 -12.051 -8,3
* sen emprego anterior 16.323 -428 -2,6 -1.793 -9,9
Beneficiarios prestación por desemprego (novembro) 98.059  
Taxa de cobertura prestación por desemprego (novembro) 52,49
Parados totais sen ningún tipo de prestación (novembro) 105.495
CONTRATACIÓN 
Nº contratos 71.509 -4.571 -6,0 2.863 4,2
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) 5.342 -692 -11,5 937 21,3
Nº contratos temporais 66.167 -3.879 -5,5 1.926 3,0
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL 
Nº afiliados (datos provisionais) 963.735 -4.809 -0,5 17.613 1,86
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS
 

cartel concello 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego do sindicato e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

UGT Vigo nas RRSS

 

        

 

 V igo_2017_FomentoAsoc.jpg

 

Vigo_2017_FomentoEmp.jpg

 

PAE_ACTIVIGO_2017.jpg

 

 

 

Videos da UGT

 

únete a nós

Facebook