UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

O día 15 de decembro, mirámonos na rúa !!!

O Sº Xeral de  UGT Galicia, na asemblea conxunta celebrada esta mañán en Vigo con CC.OO, denunciou o uso interesado da caixa das pensións por parte do goberno para pagar gastos ordinarios de este. Ademáis denunciou que temos que derogar as leis mordaza (que teñen a decenas de sindicalistas en xuizo, os cales se lles piden ata 8 anos de prisión por defender os seus dereitos laborais), derogar a reforma laboral e modificar a política fiscal para que paguen os que mais teñen, en vez de facer amnistias fiscais para os ricos defraudadores.

Asemade, recordou os delegados asistentes que o vindeiro 15 de decembro sairemos as rúas de todo o país para defender "os nosos dereitos, o que é noso". Xa se están a convocar movilizacións, concentracións e manifestacións por todo o territorio galego e nos vindeiros días informaráse con detalle a toda a cidadanía.

CC.OO e UGT camiñan xutos nesta xornada reivindicativa, unificando esforzos polo interés xeral da clase traballadora que "leva anos padecento as consecuencias xeradas por outros".

CARTEL 1 MAIO 2017 GAL Vigo 001 1

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

vida 1 

Videos da UGT

 

únete a nós

Facebook