UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

UGT organiza o 2 de decembro en Vigo unha xornada sobre “A igualdade no mercado de traballo. Un dereito. Un deber”

A3 Xorn VigoVigo, 1 de decembro de 2016.- “A igualdade no mercado de traballo. Un dereito. Un deber” será obxecto de análise e debate nunha xornada organizada por UGT-Vigo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, mañá, día 2 de decembro, no salón de actos da sede do Sindicato na cidade olívica.

Dende UGT-Vigo insístese en que no eido da igualdade no mercado laboral aínda queda moito por facer e alerta que na conxuntura de crise destes últimos anos foron moitos os temas relacionados coa igualdade que pasaron a ocupar un papel secundario.

O Sindicato fai fincapé en que a igualdade no traballo é un dereito ao que non se pode renunciar. Por iso, é importante analizar a situación da igualdade no mercado de traballo, centrando o debate en cuestións como a conciliación, a igualdade no acceso e permanencia nos postos de traballo ou as desigualdades salariais. Analizando tamén a situación da negociación colectiva, o que permitirá ter unha perspectiva global e propoñer ferramentas para combater esta importante eiva do mercado laboral.

A xornada comezará ás 9.45 horas co acto de apertura, ao que lle seguirá a intervención da secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez, que intentará dar resposta á pregunta: “Existe a igualdade no mercado de traballo?”.

De seguido, ás 10.30 horas María Dolores Somoza, responsable de Igualdade de UGT-Vigo, falará sobre “A negociación colectiva como ferramenta fundamental para o cambio”.

Xa ás 11.15, a técnica de prevención de riscos laborais do Sindicato, Yolanda Rodelgo, analizará polo miúdo “A prevención da saúde desde a perspectiva de xénero”.

Ás 12.30 horas Mónica Rodríguez retomará a palabra para profundar sobre “A importancia dos plans de igualdade. Estrutura e contido”.

CARTEL 1 MAIO 2017 GAL Vigo 001 1

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

vida 1 

Videos da UGT

 

únete a nós

Facebook