UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

UGT propón tres medidas urxentes para rematar co déficit da Seguridade Social

Para a Unión Xeral de Traballadores, hai tres medidas fundamentais que posibilitarían rematar co déficit que existe na Seguridade Social:

-Rematar coas bonificacións á contratación das empresas con cargo á Seguridade Social. Dende 2014, o Goberno foi aumentando o orzamento destinado a estas bonificacións en máis de 400 millóns de euros, e as reducións en cotizacións sociais en máis de 200 millóns de euros entre 2015 e 2016. Para este ano, destínanse entre bonificacións e reducións ás cotizacións sociais máis de 3.700 millóns de euros que supoñen unha transferencia de renda ás empresas desde a caixa da seguridade social.

Os incentivos á contratación non xeran emprego, limítanse a producir unha redución dos custos laborais dos contratos bonificados e, como máximo, facilitan o desprazamento ou substitución duns traballadores por outros. Ademais, unha vez que finalizan as axudas, o empresario opta, en moitos casos, por desfacerse do traballador con contrato bonificado.

-Financiar os gastos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social dende os Orzamentos Xerais do Estado (PGE), como o resto. As contas da Seguridade Social soportan todos os gastos necesarios para o mantemento do Ministerio e do seu propio persoal, algo que segundo UGT, poderíase equiparar ao resto de ministerios pois coa situacion actual deficitaria resulta totalmente irresponsable.

Para 2016, os gastos de persoal ascenden a case 2.500 millóns de euros, ao que hai que engadir os gastos de bens e servizos, case 1.500 millóns, e os correspondentes a investimentos reais, un total de 223.618 euros. Por todo iso, podemos concluír que o custo por mantemento do propio ministerio é de 4.000 millóns de euros, que soportan integramente as contas da Seguridade Social e que deberían financiarse a cargo dos PGE.

-Destopar as bases de cotización. Para UGT, é inxusto que anualmente o sistema de bases de cotización e pensión máxima establecidos deixen millóns sen cotizar. A base máxima de cotización este ano é de 3.642 euros ao mes, polo que todo o que se gañe por encima desa cantidade non cotiza á Seguridade Social. Con iso, cada ano rexístranse máis de 26.000 millóns de euros de bases salariais sen cotizar que, segundo estimacións do sindicato, supoñerían unha achega ao sistema de 7.735 millóns de euros adicionais.

Con estas tres medidas, a Seguridade Social habería ingresado este ano 15.500 millóns de euros máis, cifra próxima ao déficit do sistema no último ano. A isto hai que engadir que a taxa de cobertura por desemprego foi descendendo tamén ano a ano, ata o 55,8% actual. Se se mantivo no 78,4% do ano 2010, habería 2.969 millóns de euros máis en concepto de cotizacións sociais derivadas do desemprego, que xunto aos 15.500 millóns de euros supoñerían acabar co déficit da Seguridade Social, que o sistema tivese superávit e que non fixese falta recorrer ao Fondo de Reserva.

cartel concello 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego do sindicato e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

UGT Vigo nas RRSS

 

        

 

 V igo_2017_FomentoAsoc.jpg

 

Vigo_2017_FomentoEmp.jpg

 

PAE_ACTIVIGO_2017.jpg

 

 

 

Videos da UGT

 

únete a nós

Facebook