UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

Arranca en Vigo o XXI Encontro sindical da muller

 
UGT-Vigo | jueves, 6 de octubre de 2016

As unións comarcais de UGT e CCOO en Vigo organizan, en colaboración co Concello de Vigo, este xoves e venres na cidade olívica o XXI Encontro sindical da muller no que se debaterá sobre “A igualdade no mercado laboral. Superando obstáculos. Rompendo barreiras”.

A precariedade laboral, a discriminación salarial, as dificultades para conciliar a vida persoal, familiar e laboral, as menores taxas de ocupación ou a grande invisibilidade das situacións de acoso sexual e por razón de sexo nos centros de traballo son altas barreiras ás que as mulleres se enfrontan nas empresas e, por suposto, á violencia de xénero que ten repercusións en todos os eidos.

Por iso, nestas xornadas, a través da exposición de diversas ponentes farase fincapé na importancia do apoderamento, de concibir a empresa en feminino, das medidas de conciliación, da loita contra a violencia de xénero, así como, dos mecanismos e ferramentas dispoñibles para actuar fronte a situacións de discriminación desde a perspectiva de xénero.

Concretamente, o xoves día 6, terá lugar o acto de apertura no Hotel Coia de Vigo ás 10.00 horas. Neste intervirán a concelleira de Igualdade, Normalización lingüística e Xuventude do Concello de Vigo, Uxía Blanco; a secretaria de Igualdade e Política social da Unión comarcal de CCOO de Vigo, Elena Rodríguez; e María Dolores Somoza en representación da Unión comarcal de UGT de Vigo.

Xa ás 10.30 a especialista en emprendemento feminino Fátina Rodríguez falará sobre “Empresa en feminino: a realidade do emprendemento e as políticas de igualdade”.

Ás 12.00 horas está programado un obradoiro sobre “Técnicas e importancia da utilización dunha linguaxe inclusiva” que dirixirá Llerena Pedrozo, feminista especializada en comunicación, xénero, cultura e medio ambiente.

Estes encontros retomaranse o venres, día 7, a partir das 9.30 horas cunha intervención sobre “O acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral” que correrá a cargo da secretaria da Muller, Xuventude e Cooperación do S.N. de CCOO de Galicia, Mabel Pérez.

Ás 10.15 a secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez explicará o “Protocolo para a detección e tratamento de situación de violencia de xénero na empresa”.

Pola súa banda, Carmen Clavería, psicóloga clínica, especialista en intervención social con mulleres, dirixirá o obradoiro sobre “Sensibilización contra a violencia de xénero” a partir das 11.30 horas.

Ás 12.30 daranse a coñecer as conclusións froito desta dúas xornadas de traballo e ás 13.30 terá lugar a clausura

CARTEL 1 MAIO 2017 GAL Vigo 001 1

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

vida 1 

Videos da UGT

 

únete a nós

Facebook