UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

A Xustiza obriga a GSS a presentar antes do 10 de outubro unha proposta de pagos das cantidades que deben aos operadores do 061

OComité de empresa dos operadores do 061 informa que ven decelebrarse a vista na que se demandou a execución da sentenza contraa empresa GSS, adxudicataria do servizo de operadores da central decoordinación de urxencias sanitarias 061 de Galicia. Unha sentenzaque foi ditada polo xulgado do social de Santiago xa en xuño de 2015e que a día de hoxe aínda está sen executar por parte da empresa.

Lembrarque nesta sentenza condenábase a GSS a anular as modificaciónsimpostas en materia de condicións de traballo aos operadores axornada laboral parcial. Modificacións que consistían no incrementode horas de traballo, por enriba de convenio, nin cotizadas nincobradas.

AXUÍZA INSISTE EN QUE GSS TEN QUE REVERTER AS CONDICIÓNS LABORAISANTERIORES Á MODIFICACIÓN QUE FOI DENUNCIADA

Navista pola execución da sentenza a xuíza insistiu, primeiro, en queGSS ten que reverter xa as condicións laborais anteriores ádevandita modificación. Segundo, debe pagar as cantidades que llesdeben aos traballadores afectados e resolver os problemas deinfracotización á Seguridade Social que se derivaron de todas estasirregularidades. E, terceiro, deixar de poñer a deber as xornadas debaixas médicas sobre os traballadores.

Concretamente,no referente aos pagos pendentes, a xuíza dálle a GSS de prazo atao día 10 de outubro para presentar unha proposta. O contrario podería provocar un grave problema de embargo de contas.

Parao Comité de empresa, esta é unha mostra máis do grave problema deincumprimentos laborais e precariedade ao que se enfrontan día a díaos operadores do 061. Unha situación que non se debería terproducido e que está afectando a moitos traballadores co risco deque isto redunde na calidade dun servizo tan básico e delicado paraa cidadanía como é do 061. E, neste contexto, o Comité insta áXunta a que se faga cargo da situación e que se lle esixa a GSS unhaserie de condicionantes que garantan dunha vez por todas a dignidadedos operadores do 061 e o cumprimento da normativa laboral porque aAdministración está na obriga de velar pola calidade dun servizopúblico básico.

A VOCEIRA DESTE TEMA É ARACELI NINE (COMITÉ EMPRESA). TELÉFONO:686520218.

 

cartel concello 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego do sindicato e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

UGT Vigo nas RRSS

 

        

 

 V igo_2017_FomentoAsoc.jpg

 

Vigo_2017_FomentoEmp.jpg

 

PAE_ACTIVIGO_2017.jpg

 

 

 

Videos da UGT

 

únete a nós

Facebook