UGT Vigo

e comarca

As empresas que provén de repartidores a AMAZON no Porriño traballan de forma precaria

Foto e artígo de Sergio Fernández, para  Atlantico Diario

Dende UGT denunciamos que a propia  Amazon incumpre o que ela mesma di. Non vixía nin controla que as empresas que traballan para ela cumpran coa lei. A pesar de que ten ese interese en vixiar aos traballadores da subcontrata, non se preocupan de que se cumpra o convenio ou de se traballan as horas que teñen que traballar, mesmo que este control pode chegar a ser, en termos legais, unha cesión ilegal de traballadores, pois monitorean a produtividade dos empregados sen estar contratados por AMAZON.

Este é un concepto empresarial que queren implantar en xeral no país. É un modelo de traballo que a xente nova ve como unha oportunidade de ter un salario e ao final tradúcese única e exclusivamente en precariedade laboral.

A diferenza entre aplicar o convenio que lles corresponde os repartidores subcontratados por  Amazon e as súas actuais condicións de traballo se traduce en aproximadamente 300 euros mensuais. Esta situación lle interesa a AMAZON porque reduce os seus custes.

“Temos que  interceder nesta problemática. Hai un incumprimento conxuntural das leis laborais. Imos seguir denunciando todas as irregularidades porque é de interese xeral para a sociedade que se regule esta actividade promovida por  Amazon”.

 

Estamos en:

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo

Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

 

Enlace as webs das Federacións:
 
 

 

 

UGT Vigo nas RRSS

 

        

 

 V igo_2017_FomentoAsoc.jpg

 

Vigo_2017_FomentoEmp.jpg

 

PAE_ACTIVIGO_2017.jpg

 

 

 

Facebook